Ámbito de actuación

mapa

-Territorial: Sudoeste da Galiza, en concreto as comarcas de Pontevedra, Terra de Montes, O Morrazo, Vigo, Condado, Paradanta e Baixo Miño. Candidatas a integrar o SPG que se sitúen fora destas comarcas poderán ser aceptadas, no caso de non contar con un SPG propio, se a Asemblea o considera oportuno.

-Sectorial: a produción e comercialización de produtos hortícolas, froitícolas, agrícolas, gandeiros e apícolas. Non se descarta integrar, no futuro, novos sectores de actividade.

-Integral: o SPG está formado e destinado tanto á produción como á transformación, comercialización e consumo. Todos os actores da cadea alimentaria teñen o seu sitio dentro do sistema, e son susceptibles de obter o certificado SPG.