Árbore, Consumo Consciente

arbore-2
Consumo Consciente Árbore, Sociedade Cooperativa Galega, é un proxecto empresarial que ten como causa social a asociación de consumidores/as en réxime de socios/as da Cooperativa, coa finalidade de conquerir entre eles/as productos ecolóxicos coa mellor relación calidade-prezo, coma parte dun proxecto socio-económico enmarcado nos principios dunha economía social e solidaria.
As persoas que constituimos a Cooperativa somos consumidores críticos de productos ecolóxicos que decidimos fundar unha empresa para materializar o noso desexo de facer un consumo consciente, apoiando ó labrego galego, respetando o medio ambiente, ás persoas e o resto dos animais. Decidimos ter unha tenda propia onde poder mercar estes productos a un prezo razonable, que puidera estar xestionada por nós mesmos, puidendo abastecela dos productos que consideremos axeitados e, en definitiva, ter un sentimento de propiedade que facilitara darlle o rumbo que o grupo considerase máis axeitado, asumindo tamén as responsabilidades económicas e de xestión. O nome que se lle puxo á Cooperativa é Consumo Conscente Arbore, Sociedade Cooperativa Galega para amosar o noso interese, non só polo producto ecolóxico, senón por realizar un consumo consciente, tendo en conta as consecuencias que implica o noso consumo no eido social e ambiental.
É por isto que unha das esixencias cos productos, é que sexan, non só ecolóxicos, senón que ademáis de preferencia local , de empresas pequenas ou cooperativas, que esten desprorvistos do sufrimento das personas e dos animais e que sexan respetuosos co medio. No caso de vir dos países do Sur, que sigan os crieterios do Comercio Xusto.
Outro dos nosos intereses é o de comercializar productos a granel, por motivos económicos e ecolóxicos. Os productos a granel son mais económicos e así conseguimos que sexan máis accesibles. Ao mesmo tempo aforramos envases e embalaxes innecesarias, reducindo a contaminación do medio. Temos a granel cereais, legumes, sementes, fariñas, algas, herbas, froitos secos, froitas, verduras e todo o que podemos dispor desta forma.
Máis información:
info@arbore.org
986 23 34 97
IMG_1701-1024x1024 IMG_1696-1024x1024 IMG_1695-1024x1024
arbore2
Código SPG: 003
Código QR:

 
Código QR