ASAMBLEA SPG A GAVELA

slider_verxel_finca_w

O vindeiro venres 6 de maio celebreremos a asamblea de primavera, será no Verxel de Coiro en Cangas e se chove nos refuxiaremos na casa de Cris (Criscampo) tamén en Coiro. A proposta de orde do día:

 

1-Necesidade de organización.
Participación. Reorganización das comisións. Novxs integrantes…
Proposta de comisións locais?
2-Informe da comisión de verificación.
2-1 Calendario de visitas
2-2 Hai novxs produtores verificados Na acta anterior xa figura Jose Ramón de Froitas da casa.
Hector xa está verificado? A última visita Geles en Donas? Hai algún máis?
Neste punto hai que recordar tamén á xente que xa está no SGp que aporte datos o algunha fotiño
do proxecto para a páxina.
2-3 Criterios de conservas: quedaron Belén e Begoña de falar con Nanda e traer a propsota.
2-4 Criterios de apicultura-Quedaron sen aprobar.
Creo que temos que acordar un procedemento sinxelo para a toma de decisións que nos axude a ser máis
operativxs. Podemos argallalo entre todxs. Se se leva algunha proposta mellor.
2-5 Outros da comisión de verificación…
3-Comisión de contas. Informe.
4-Comisión de comunicación.
4-1 Actualización da páxina web
4-2 Material para imprimir, selos, albaráns, dípticos cartaces…….Hector-Uxio

4-3-Outras informacións da comisión…
5-Outros temas:
5-1-Tabela de prezos está pendente.
5-2 Información sobre o encontro de SPGs- Antía
5-3 Proposta para que A Gavela forme parte da plataforma Non a TTIP Galiza e que
asine a carta que a plataforma Fumigacións Non vai a enviar á ministra de medioambiente.
Relacionada co Glifosato