Ata sempre Olga

 

Deixounos unha grande compañeira; hoxe e en adiante lembrarémola como unha das primeiras en promover o noso proxecto, con gran entusiasmo e con firme decisión, sabendo que o que estaba, estabamos a facer era algo, ademáis de fermoso, imprescindible para ela e para todas as que entendemos a agroecoloxía como un xeito de vivir. “Hoxe comeza todo”, foron as súas palabras o día que constituímos o noso SPG A Gavela. Lembrarémola tamén polo seu fermoso proxecto, o  Verxel de Coiro que xunto con Xesús, o seu compañeiro de faenas, fixeron medrar e florecer.

Hoxe e sempre, todo o noso cariño, toda a nosa admiración.

Hoxe e sempre, ata sempre Olga.

logo-verxel_w