Qué garantimos

semear

Con carácter xeral, os membros do SPG deben cumprir os seguintes preceptos:

-Prohibición de usar produtos de síntese química, como fertilizantes, herbicidas, fungicidas, insecticidas, etc. Prohibición tamén de empregar transxénicos (OGM) de calquera tipo.

-O SPG non certificará empresas nin proxectos que impliquen beneficios baseados na explotación das persoas. Acéptase, no entanto, a tornaxeira, o traballo familiar e os aprendices voluntarios.

-Mantemento da fertilidade natural do chan, uso e fomento da biodiversidade e o policultivo.

-Respeto á dignidade da terra, dos animais e das prantas.

-Participación activa no SPG.

-Transparencia dos proxectos: acceso libre e sen restricións ás zonas de traballo, tanto para os verificadores, como para os clientes en xeral.

-Preferencia polos Circuítos Curtos de Comercialización: venda direta e local.

-Apoio mútuo en lugar de competencia: aceptación dos prezos de venda acordados entre os produtores e renuncia a competir baixándoos.

-Prohibición de compaxinar actividade en ecolóxico con actividade en convencional.

Os critérios concretos que deben cumprir os membros do SPG están definidos por sectores, e pódense consultar na sección Biblioteca desta web.