Da Nosa Horta

Da Nosa Horta xurde da inquedanza no noso seo familiar pola alimentación variada e saudable, o coidado da natureza e a contorna, e a conciliación laboral e familiar coma filosofía de vida.

Creemos que un cambio de hábitos alimenticios é posible. Somos partidarios dos artigos de temporalidade e km 0, que garanten a máxima calidade e sabor dos produtos de cultivo xa que respectan o ciclo de maduración dos froitos nas propias plantas, evitando a conservación en grandes cámaras que fan uso de gases de maduración.

Cultivamos a partir do bo facer dos nosos devanceiros, sen pecharnos as fórmulas máis modernas e innovadoras e facendo un uso racional, respetuoso e sustentable dos recursos naturais. Así, o noso proxecto alicérzase na rotación e asociación de cultivos, eludindo de xeito natural as posibles pragas e rexeitando radicalmente o uso de abonos e pesticidas químicos.

O abonado da nosa horta é 100% natural, animal e vexetal, na súa maior parte humus de vermes que se alimentan da reciclaxe dos refugallos vexetais dos nosos fogares.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Emprazamento

Estamos en Limens, preto do areal, en Cangas do Morrazo (Pontevedra) nunha contorna privilexiada na que a temperatura media e moi suave prácticamente todo o ano. Se queres contactar con nós o noso correo electrónico é danosahorta@gmail.com e o noso número de teléfono é o 665 673 275

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xénero

En DanosaHorta dedicámonos básicamente ao cultivo de diferentes variedades de amorodos asociados a outros cultivos protexendose entre si, conseguindo así ter colleitas dende marzo ata case novembro. Sen embargo, como xa dixemos, non somos partidarios do monocultivo polo que tamén temos outro tipo de legumes e hortalizas. Contacta con nós e te informaremos sen compromiso.