DesPensa

DesPensa, é un grupo aberto, autoxestionado, asambleario, participativo e horizontal, composto por persoas preocupadas pola saúde, a calidade e produción dos alimentos, o coidado do medio e a soberanía alimentaria; que dende aproximadamente agosto de 2012 ven reuníndose periódicamente co obxectivo de levar á práctica e promover unha alternativa ao sistema agroalimentario predominante.

Trátase de ofrecer un espazo común para a xente interesada en Des-Pensar a nosa forma de alimentarnos e todo oproceso que conleva, adoptando unha actitude crítica fronte ó modelo de consumo imposto e tentando levar á práctica xeitos máis éticos de satisfacer as nosas necesidades alimentarias.

Ultimamente estamos tamén comezando a ampliar os nosos intereses a outros sectores como a roupa e os produtos de hixiene.

Tamén nos parece importante a formación e as actividades paralelas que van xurdindo no grupo.

1. Que facemos:

– ­Compra conxunta de alimentos de xeito regular, seguindo os criterios acordados para a selección dos productos (que a produción sexa respectuosa co medio, con selo ecolóxico ou de confianza, locais, saudables,…) e nas relacións coas productoras (cercanía, comunicación, confianza, satisfacción mutua…)

­Troco de excedentes de hortas dos membros do grupo.

­Compartir coñecementos, experiencias, opinións,… sobre as inquedanzas comúns.

A raiz desta enriquecedora relación, vanse atopando outras intereses comúns, que nalgúns casos materializanse noutros subgrupos de actividade. Así xorden:

autoaprendizaxe e experimentación en agricultura ecolóxica, que se leva a cabo nunha terra en cesión.

­P1000374 P1010932 P1010935 P1160818A Horta Comunitaria do Val Miñor: grupo de traballo colectivo de ­ O Grupo de Organización de Actividades de concienciación, educativos… no eido da alimentación, no da implicación co entorno social, económico,

mediambiental. sobre diferentes aspectos (uso de herbicidas, TTIP,…)

2. CÓMO FUNCIONAMOS E NOS ORGANIZAMOS:

Facémolo de modo asambleario e participativo. Propoñemos, informamos, opinamos e decidimos en común.

Para facilitar o traballo organizámonos en comisións, de modo que cadaquén participa na medida do posible nalgunha delas: pedidos, contas infomática, comunicación, actividades, legalidade. Así, entre todas, repartímonos as tarefas precisas para que a nosa actividade sexa posible.

Levamos esto a cabo polos segintes medios: As asambleas quincenais, unha lista de correo compartida, e ou Drop Box común onde gardamos e organizamos toda a documentación.

­

Se queres participar ou informarte ponte en contacto escribíndonos ao seguinte enderezo electrónico: gavm@riseup.net. Telf 600606166 (tardes)

Código SPG: 006

Código QR:

 Código QR