Ecoenvio

ecoenvio

Ecoenvio.es é un pequeno comercio por internet , onde podes mercar ecocestas a domicilio, dende o teu fogar, a calquera hora…. sinxelo non?

Chámome Diana, levo 8 anos coa web, facendo cestas ecolóxicas o mais locais posibles. Todo comenzou a raíz duns dolorciños e malestares no estómago, que me levaron a consumir productos ecolóxicos polo meu benestar… Inda que son de cidade, e non teño familia adicada ó campo,éste, sempre chamóume a atención.

Cando descubrín a diferencia etre os productos convencionais e ecolóxicos quedei impactada. Non só polo que implicaba na miña saúde, se non polo comercio xusto, o coidado da terra, da auga, a carencia de manipulación das grandes superficies.. penso que atopei aqui o meu lugar.

Comencei coa paxina web…e cada vez mais o corpo e a alma chámabame a cultivar, ter contacto a terra , coidala , respetala e comer e vivir dela, comencei a formarme nunha leira grande, en ponteareas, onde estiven dous anos traballando a cambio de verduras que logo metía tamen nas cestiñas…e chegou ó momento en que quixen aventurarme a levar unha leira eu.

Pola miña recente maternidade, parei un pouquiño, inda que sigo facendo e repartindo ecocestas.

Tento reunir toda a producción local posible, xa que as leiras son pequenas e as veces para conseguir 20 leitugas á semana teño que falar con varias persoas…Pero está é a miña teima : dar saída a todo o que se cultiva o meu carón ( e ó propio que teña) , xa sexa fresco, envasando ou deshidratando…

E tamén que, a persoa que merca en ecoenvío, poida saber de qué leira ven o que come, teña variedade e cantidade e forme parte desta alternativa ó consumo actual que desgasta, maltrata e nos enferma.

Actualmente hai duas cestas na web, unha mais grande e outra mais pequena, estou renovándoa para facilitar toda a info, xa que a web está vella, e as cousas cambiaron moito dende que empecei… : )

Mais actualizado está o facebook, onde se pode ver como traballamos os labregos e mais eu.

Os pedidos podense facer vía web,, mail: diana@ecoenvio.es ou whasp ó 677023317

Os repartos son tódolos martes.

Os produtos recollense o luns ou o mesmo martes de reparto, co que as cesta van súper frescas e moi variadas.

Encontro que hai moitas hortas nas que se fan as cousas moi moi ben, pero ó non poder pagar a certificación actual (CRAEGA), quédanse sen ser coñecidas e certificadas…asi que con este selo, solucionamos estes problemas, certificamos moitas mais cousas que o producto final, como a localidade, ó coidado da terra, o compromiso do labrego…e eu como labrega e pequeno comercio, comprométome tamén a comprar local, axudar ós labregos, e verificar as hortas que se van unindo a este sistema participativo de garantía.

Como di a miña avoa…Así se escribe a historia…

foto cesta la cuchara

Código SPG: 008

Código QR:

 Código QR