EcoFeira no Ecolectivo

Son bos comezos de primavera, sendo que o 12 de maio participamos tamén no Encontro da Rede Galega de Sementes en Gondomar, que hoxe 20 de maio fixemos a segunda asamblea do SPG do ano, e que o 10 de xuño estrearemos posto colectivo no Encontro de Consumo Responsable de O Toxo.

Seguimos con enerxía cara fora, e estamos contentas de participar este domingo na primeira EcoFeira que se celebra no Ecolectivo, desexando que sexa un éxito e que veñan detrás moitas máis.

Estaremos de 11 a 17. Animádevos a vir!