FESTA XV ANIVERSARIO DA COOPERATIVA ÁRBORE

Consulta o cartel definitivo da nosa XV festa de aniversario! O día 1 de outubro dende as 11:00 da mañá comezan todas as actividades (mandámosche o cartel anexo cos horarios)
As nosas produtoras veñen á cooperativa, poderás coñecer en persoa a quen elabora o que mercas! Contaremos con palestras e mesas informativas de diversas iniciativas que promoven unha economía máis xusta:( Reas Galiza , A Gavela…) Carmen Freire falaranos de como proxectos como o noso son tan fundamentais para a soberanía alimentaria.
Na sesión vermú bailaremos a rabiar co ritmo balcánico frenético da Fanfarria Taquikardia. Se non os coñeces, non podes perder esta oportunidade! Non esquezas traer algo para partillar no xantar compartido e lembra que poderás probar a cervexa artesá do XV Aniversario de Arbore.
Hai moito máis!!
A cooperativa de artistas Cestola na Cachola terá exposición de algúns dos seus traballos. Ademáis contaremos con proxeccións de curtametraxes e un obradoiro para facer a túa propia pasta de dentes.
Pola mañá, de 11:30 a 13:30 a Escola Semente organizará moitas actividades divertidas para as crianzas, se aínda non o fixeches, apúntaas en eva.gil@arbore.org
Coma sempre, pedimos a túa colaboración para organizar e para recoller, o día antes e despois da festa precisaremos axuda. O propio día da festa podes achegarte as 9:30 a botarnos unha man! contacta connosco eva.gil@arbore.organiversario_cartel_DF (2)