Horta do Cadaval

“A horta do Cadaval” é o proxecto agroecolóxico de Belén e Xacobe, e comezou a dar os seus primeiros pasos no ano 2005. Dende entón podemos decir que foron anos de aprendizaxe continua.

Estamos situados en Redondela, na parroquia de Reboreda e máis concretamente no barrio do Cadaval.

Dende o noso comezo o proxecto ten mudado de forma, pero en esencia a nosa filosofía segue a ser a mesma, vivir dunha maneira sinxela, apegados á terra e respetando a vida e os seus ciclos. Moitas foron as motivacións que nos levaron a dar os primeiros pasos. A principal o noso activismo no mundo do naturalismo e do ecoloxismo, que nos fixo entender que para a proteción da biodiversidade natural e do seu medio era fundamental voltar a vivir no campo e, sobre todo, a vivir do campo.

Tivemos a grande sorte de coñecer a persoas que facían agricultura ecolóxica tanto na Galiza coma en Cataluña, coñecer os seus proxectos, as súas motivacións i eso foi o impulso definitivo para iniciar o noso propio.

Dispoñíamos de terras en Reboreda, terras que levaban anos sendo traballadas de xeito natural, sen empregar ningún tipo de sustancia química, e iso foinos de grande axuda. Foi así que escomezamos a botar sementes a terra, con moita ilusión e pouca experiencia, pero con moitas gañas de aprender.

Unha das nosas máximas sempre foi “pensa global, actúa local”, así que con ese pensamento comezamos a perfilar o noso proxecto. Gústanos a idea de producir e vender localmente, de estar en contacto directo cos nosos consumidores, e de participar nos mercados locais. Con esa premisa comezamos a vender o que producíamos, primeiro a través de amigos, e pouco a pouco fomos

ampliando a nosa rede de venda. Na actualidade servimos producto a 2 grupos de consumo, un grupo de consumo en Pontevedra e outro en Moaña, temos unha rede de distribución de cestas no entorno de Redondela, e vendemos no mercado de Redondela, aínda que participamos doutros mercados que poidan xurdir na contorna.

Aínda que a maior parte dos productos que ofertamos son de horta, agora mesmo estamos ampliando a nosa plantación de froiteiras, para diversificar máis a nosa produción. Tamén en determinadas épocas do ano, elaboramos pan e doces para ofrecer aos nosas clientas.

Podemos decir que éste proxecto segue a medrar e a evolucionar, xa que estamos en continua transformación e adaptación. Para nós segue a ser moi importante cultivar biodiversidade e procurar poñer en valor sabores e

saberes que xa non se coñecen. Por eso formamos parte da Rede Galega de Intercambio de Sementes, onde todas estas cuestións teñen o seu espazo.

Tamén formamos parte do Sindicato Labrego Galego, sendo na actualidade, Belén responsable da direción de Horta, froita e Flor.

Colaboramos con Amigos da terra na realización de cursos, de apoio a hortas comunitarias, e tamén na creación de hortas escolares.

Sempre que podemos damos o noso apoio a todas aquelas persoas que comezan facilitándolles información sobre a nosa experiencia, a través de charlas, cursos, visitas e obradoiros.

Pensamos que aínda temos moito que aprender para poder autodenominarnos labregos, pero nos gusta aprender na terra, producir alimentos sans e variados e loitar por transformar esta sociedade dende a terra, poñendo no lugar que se merece a produción de alimentos.

Podes poñerte en contacto conosco a través do enderezo electrónico, hortadocadaval@yahoo.es ou ben chamando ao número, 699 117 128 .

Imagen 302

Imagen 194 DSC_0755 DSC_0742 Mª CARMEN2 111

Código de membro do SPG: 001

Código QR:
Código QR