Horta do Val

Ola a tod@s, somos Ricardo e Begoña de Horta do Val, este nome
xurde da situación xeográfica da maioría dos terreos que traballamos,
posto que se atopan en Chandebrito( Nigrán) e Vilaza (Gondomar),
aínda que agora por motivos familiares tamén traballamos unha
pequena finca en Fornelos da Ribeira (Salvaterra).Producimos
mayoritariamente verduras e hortalizas, pero tamén cereais e froita,
respetando o medio ambiente, contamos con algún gando ovino e
avícola, para obter abono, ovos, carne…Podedes atoparnos en
diversas feiras alternativas, ou no noso domicilio e visitar as hortas se
non estamos a repartir cestas polo Val Miñor.Como vedes esta é
unha explotación familiar, pois contamos coa axuda de Patri
( elaboración de conservas), Carlos (xestión administrativa) e Aurea
(máquina multifunción imparable) e Renata (futura labregha) entre
todos intentamos cerrar o ciclo, reutilizando e reciclando todo o que a
imaxinación nos permite. Dende aquí queremos agradecer a acollida
no SPG.
Unha aperta.feira

rabaño verduras horta

Código SPG: 002

Código QR:

 Código QR