Hortiña da xoaniña

Somos Diana e Kike e a nosahortaatópase en Peitieiros, Gondomar (Pontevedra)

Con pouca experiencia pero con moito entusiasmo comezamos a nosahorta a comezos de 2017, coa idea de producir as nosas propias hortalizas e froitasdunhamaneira respetuosa tanto para a nosasaude como para o medio ambiente

Fisemosbancais elevado cubríndoos con esterco de cabra, compost e abundante cobertura vexetal, para favorecer a fertilidade, a estructura e a biodiversidade do chan.

Ademais, cos desperdicios da cociña e cos restos vexetais da finca fisemolonoso propio compost e lombricompost que despois utilizamos para enriquecer os bancaisou nos nosossemilleiros.

Realizamos asociación e rotacións de cultivos para protexelosnosos cultivos de pragas, para utilizar mais eficientemente o espacio e para favorecerla biodiversidade.

Cultivamos hortalizas convencionais e de variedades locais (tomate, pemento, berenjena, xudias, chícharos, fabas, rúcula, ruibarbo, cabazas e calabacín entre outros), algunhasfroiteiras como o kiwi, physalis, mazá e feijoa, e prantas aromáticas e medicinais como a limonaria, melisa ou caléndula. Tamén probamos outrasprantas exóticas como o tomate verde mexicano, caigua, yacón, amaranto ou quinua.

Producimos principalmente para o autoconsumo, pero vendemos os excedentes da nosa producción a veciños da zona. Se estás interesado no nosoproxecto, podes contactar con nos no correo dianamariaf@gmail.comouó teléfono 663 61 28 33.