II Foro Labrego Agroecoloxía

Compañeira, Compañeiro,Hoxe escribimos con moita ilusión para vos informar e invitar a participar no II Foro Labrego de Agroecoloxía no que vimos traballando dende fai un tempo e que terá lugar os vindeiros sábado 28 e domingo 29 de outubro na Illa de San Simón (Redondela).

Tamén para pedirvos que axudedes na súa difusión.

Será un día para coñecer outros proxectos, compartir experiencias, charlar e debater en torno á agroecoloxía.

Adxunta vai o programa e o cartaz para a súa difusión.

Para inscribirvos tendes que cubrir o seguinte formulario, ao ser na Illa de San Simón o aforo é limitado.

https://goo.gl/forms/IR6VPHQ7nOpGCt5G2

Un saúdo