O SPG A Gavela sae á rúa

Depois de case dous anos de debater, acordar e traballar moito nos documentos, e culminar a primeira ronda completa de visitas, o SPG A Gavela comeza a facerse presente nas feiras, mercados, tendas e grupos de consumo. Para un sistema de garantía o coñecimento público é moi importante, porque sen el non podemos cumprir a nosa tarefa de dar fé de que os produtores, comerciantes e grupos de consumo asociados se comportan de acordo con os criterios éticos que asumimos colectivamente.

Así que esperamos que nos próximos meses o logotipo do noso SPG se faga cada vez máis común nas túas compras.