Verxel de Coiro

logo-verxel_w

PRINCIPIOS

PROXECTO de traballo no campo a percura dun modo de vida digno, no rural, con compromiso ético, de responsabilidade e respeto polos recursos naturais.

Entre outros OBXETIVOS: agroecoloxía, recuperación das variedades tradicionais, locais e galegas, , alimentación sana, soberanía alimentaria, economía local, circuitos cortos de comercialización

vista xeral con invernadoiro

O NOME

O VERXEL DE COIRO , ven sendo un “locus amoenus” ou lugar privilexiado onde aniñan e habitan multitude de paxaros no bosque de ribeira por donde discurre o río pasando polos muiños. Realmente é un exemplo de paisaxe humanizada e biodiversidade. Tamén podía chamarse verde, verdura, verdá.

 

HORTA DE CONFIANZA de responsabilidad compartida entre productores e consumidores… de garantía agroecolóxica, de calidade organoléptica en aromas e sabores e tamén de prezos xustos.

compra directa

O SITIO

LOCALIZACIÓN : Comarca do Morrazo. Concello de Cangas. Parroquia de Coiro. Lugar de Xistro- Novás. Coordenadas:   42º 16 ´ 37,59 N       /8º 46´ 42,55”W

O val de Coiro é zona chaira, soleada regada polo río Bouzós ( ao pé da finca) de donde proceden a maioría das verduras do mercado de Cangas.

 

A FINCA

SUPERFICIE TOTAL : 6.000m2

  • BAIXO ABRIGO: 384 m2
  • EXTERIOR: o resto

 

TRAZABILIDADE

PLANTEL e SEMENTES preferentemente ecolóxico de profesionais viveiristas próximos, do resto do país, Navarra , Calaluña ou noutros casos de Italia, Francia, Alemania pero inevitablemente tamén do mercado local, de casas comerciais convencionais.

 

 

CULTIVO DA DIVERSIDADE:

-Sobre todo HORTÍCOLAS de temporada: acelga, achicoria, berenxena,             brécol, cabaza, cebola, cenoura, col rizada, espinaca, faba, feixón, fresa, grelos,             lombarda, nabicol, nabiza, ñoras, patacas, pementos, porros, repolo, tetragonia,             tomates, xudías…

-Algunhas AROMÁTICAS: alfabaca, romeu, tromentelo, mentas, ourego

-Unhas poucas MEDICIÑAIS:… estevia, perilla…

-E tamén FLORES: caléndulas, tagetes, cosmos, zinnias

 

VENDA DIRECTA:

  • na propia finca ou en Vigo a veciños, familia , amig@s, grupos de consumo e restaurantes próximos.

 

CONTACTO:

WEB en construcción

Tfno: 629 52 52 73

Facebook:

Correo electrónico: verxeldecoiro@gmail.com

 

PERTENZA AO SPG A GAVELA

Significa a necesaria xuntanza de forzas e personas implicadas e conscientes a favor do benfacer e benestar humán

Contrarias a industrialización da alimentación , do agronegocio, dos tranxénicos etc,etc,etc,etc,etc…………………………………………………………………………………………………………..